22/11/09

A Gracia 1-5 Victoria

Contundente pero inxusto correctivo ante un Victoria inferior moi crecido grazas ás axudas do colexiado.
Para este partido Teira dispuxo a: Óscar en portería; Juanma e Kasty nos laterais; Moro e Luis de centrais; Damián e Miguel no medio; Capillo e Souto de interiores; Coufe e Diego como homes máis adiantados.
O encontro empezou controlado por A Gracia, dominando o xogo e creando ocasións. Este dominio provoca o primeiro gol do encontro, obra de Coufe 1-0. Con vantaxe no marcador os nosos relaxaríanse e nun erro defensivo o Victoria marcaría o empate a un. A partir de aquí entrou en escea o colexiado moi desatinado nas súas decisións. Nun balón controlado por Luis no borde da área o árbitro entendeu que Luis se axudou coa mán e pita un rigurosísimo penalti coa conseguinte expulsión de Luis por dicirlle "estudiate o reglamento"; gol do Victoria 1-2. Se lle parecía pouco con ese penalti, volve pitar case seguido outro esta vez a Miguel, novamente gol, 1-3. Con este panorama fumos ao descanso.
Na segunda metade entraría Frun e Iván por Juanma e Souto. Tocaba a dificilísima tarefa de remontar un 1-3 con dez xogadores. Era un querer e non poder, os espazos que deixabamos atrás íamo-los pagando con goles, ata os cinco. Na segunda tamén xogaron Carlos, Novais e José Manuel por Coufe, Moro e Damián. Non fumos capaces de meter ningún gol máis deixando un doloroso A Gracia 1 Victoria 5.
Partido para olvidar, no que se tirou pola borda moito traballo feito en xornadas pasadas. Esperemos que este encontro non afecte á moral do equipo e salten o próximo domingo ao campo con ansias de gañar máis ca nunca. Antes do encontro do domingo quedan dúas sesións de adestramentos para correxir e facer un pouco de mea-culpa, e así de paso recordar que se así como se adestra así se xoga.

FICHA DO ENCONTRO:
1 - A Gracia: Óscar, Juanma, Kasty, Moro, Luis, Damián, Capillo, Souto, Coufe, Miguel e Diego. Tamén xogaron: Iván, Frun, Carlos, Novais e José Manuel.
5 - Victoria: Eduardo, Darío, David, Álvaro, Andrés, David, Jacobo, Diego, Marcos, Álvaro e Hugo. Tamén xogaron: Rubén, Víctor, David e Brais.
Árbitro: Muíño Bello, Fernando (Delegación: Santiago). Amonestou con cartón amarelo a Souto (min. 25), Iván (min. 78) e Capillo (min. 90) por A Gracia; David (min. 36) e Álvaro (min. 83) por o Victoria. Expulsou a Luis por A Gracia e a Álvaro por o Victoria (non consta na acta o minuto das expulsións).
Incidencias: Partido disputado no Campo Municipal de As Cancelas ante uns 30 espectadores. Terreo de xogo en aceptables condicións.

Etiquetas:

21/11/09

Previa: A Gracia vs. Victoria

Unha nova xornada ligueira este fin de semana para os nosos novamente no campo de As Cancelas esta vez ante o Victoria, será as 15.30 horas no partido que abrirá a xornada dominical.
O partido de entrada pode parecer sinxelo, pero nunca nos podemos confiar deste Victoria que nos ten complicado máis dunha vez algún encontro. Veñen de perder pola mínima ante o Amizade así que tendremos que comezar concentrados desde o minuto 1, para non levar ningunha sorpresa das que por desgraza xa estamos acostumados. Tamén haberá que ver se Teira prefire poñer a os menos habituais para darlles minutos ou segue unha liña continuísta.
En canto a baixas, Seve está sancionado e Isaac tamén. No tocante a lesións Pichi todavía non está recuperado, sen embargo o resto de xogadores tocados (Luis, Kasty, Diego, Damián) en principio poderán xogar ainda que non están ao 100%. Por outra banda, Frun e Novais serán suplentes seguro pois co horario fixado polo comité non poden acudir para o principio do encontro.

Rival: Victoria (15º)
Lugar: As Cancelas (herba artificial)
Día: Domingo 22
Hora: 15.30

Lista Oficial de Convocados: Óscar, Kasty, Luis, Frun, Juanma, Moro, Carlos, Damián, Novais, Capillo, Diego, Iván, Souto, Miguel, Coufe e José Manuel.

Descartes: Seve (sanción), Isaac (sanción), Xan (decisión técnica), Raúl (decisión técnica) e Pichi (lesión).

* Souto e Miguel teñen pendente un descarte do adestrador que se realizará en canto sexa posible.

Etiquetas:

18/11/09

Comité nº12, Delegación de Santiago

Sancións no Grupo 12
Victoria: Miguel García Oubel, 1 partido.
A Gracia: Severino Suárez García, 1 partido.
Urban: Arturo Castiñeiras Caamaño, 1 partido. José Francisco Domínguez García, 1 partido.
Vista Alegre: Diego Arceo Carneiro, 3 partidos.

Outros Acordos
Sancionar con dúas semanas ao Sr. Colexiado D. Angel Martínez Millan por retraso na entrega das actas.

Encontros Aprazados
SAN PEDRO - ESTRELA VERMELLA 24/11/09 ás 22:00 en AS CANCELAS
XACOBEO - SAN LORENZO ata novo aviso

Cambios de Encontros
RUANOVA - URBAN 22/11/09 ás 19:30 en STA. ISABEL
AMIZADE - SAN MARCOS B 22/11/09 ás 12:00 en BANDO

Partidos a Celebrar en Santiago o 28 e 29 de Novembro
AMIZADE - A GRACIA 29/11/09 ás 16:00 en GRIXOA
VICTORIA - CAMPO DA ANGUSTIA 29/11/09 ás 16:00 en MARROZOS
LAVACOLLA - ESTRELA VERMELLA 29/11/09 ás 15:30 en AS CANCELAS
VELACRUZ - INMACULADA 28/11/09 ás 16:00 en GRIXOA
ZONA VELLA - XACOBEO 29/11/09 ás 19:00 en STA. ISABEL
SAN LORENZO - VISTA ALEGRE 29/11/09 ás 20:45 en AS CANCELAS
NOITEBRA - RUANOVA 29/11/09 ás 20:45 en STA. ISABEL
URBAN - AMIO 29/11/09 ás 19:00 en AS CANCELAS
SAN MARCOS B - BODEGÓN ARZÚA 29/11/09 ás 12:00 en BANDO
SAN PEDRO descansa

Etiquetas:

16/11/09

Lavacolla 2-2 A Gracia

Valioso empate ante o Lavacolla, e xogando case toda a segunda metade con dez.
O día non era bo, igual que toda a semana o tempo non acompañaba, os nosos afrontaban o encontro contra un dos de arriba sen haber podido realizar ningunha sesión de adestramentos en toda a semana por mor do tempo. Ademáis da mala nova de que Pichi non podería vestirse de curto aqueixado de molestias.
Teira dispuxo a Óscar en portería; Luis e Juanma nos laterais; Seve e Moro de centrais; Damián e Souto no medio; Capillo e Carlos de interiores e como homes máis adiantados Coufe e Iván.
A primeira metade comezou igualada, ambos equipos tanteaban ao rival ainda que tendría máis pegada a UD Lavacolla con ocasións solventadas por Óscar con acerto. Pouco a pouco o Lavacolla encontraríase máis cómodo no terreo de xogo con dominio no medio do campo, e podendo realizar o seu xogo. O primeiro do Lavacolla chegaría cun erro defensivo que Óscar non sería quen de atallar ao quedar o dianteiro só. O Lavacolla crecíase e A Gracia, falta de ideas, corría tra-lo balón que movía o Lavacolla. Así pois, e tras un novo erro defensivo, provocaríamos unha falta ao borde da área que nos costaría o segundo, 2-0. Gran lanzamento do atacante rival que marcou tirando a porta por enriba da barreira. Por se fose pouco, lesionase Luis, tendo que entrar no seu lugar Kasty. O Lavacolla pecaría de confiado e Souto que pasaría a posicións atacantes, intercambiandose por Iván, marcaría un importante gol a falta de cinco minutos para o descanso. 2-1. Gol que oficialmente se lle outorga a Coufe según a acta arbitral (cousas dos colexiados).
Na segunda metade tocaba seguir a remontada, os nosos saíron mellor neste segundo tempo. Aos cinco minutos Seve viu o segundo cartón amarelo, A Gracia con dez e por detrás no marcador. Mal pintaban as cousas. Soutro cubriría esa posición mentres non entrou Miguel por Carlos. A clave do encontro estibo nos plantexamentos de ambos equipos por esta situación. A Gracia con dez, repartiu o traballo entre todos, gran labor de equipo, mentres que o Lavacolla botouse arriba tentando aumentar a renda no marcador; Isto favoreceu que os nosos puidesen xogar á contra aproveitando o gran xogo de Capillo e a gran velocidade de Coufe, xa que gran parte das xogadas de ataque serían por esa banda. Nunha gran contra de Coufe entraría o traballado 2-2, o partido a partir de aquí sería de ida e volta con constantes ocasións en unha e outra portería. Entraría Raúl por Souto no minuto 75. Coufe estaría a punto de logar o tanto da victoria ao sufrir un penalti que o colexiado non pitou. Tras varios lanzamentos de falta do Lavacolla que non chegaron a ver porta, o árbitro deu o partido por finalizado con un xusto empate a dous.
A Gracia remata con tódolos equipos da parte alta da clasificación afrontando un final de volta teóricamente máis sinxelo, con equipos menos fortes. Gran traballo en equipo sabendo solventar a inferioridade numérica e novamente gran partido de Óscar, moi atento na portería.

FICHA DO ENCONTRO:
2 - Lavacolla: Carlos, Iván, Antón, Javier, Carlos, Francisco, Victor, Jacobo A, Jacobo P, Rubén e Alberto. Tamén xogaron: Ramón e Gastón.
2 - A Gracia: Óscar, Luis, Juanma, Seve, Moro, Damián, Capillo, Souto, Coufe, Carlos e Iván. Tamén Xogaron: Kasty, Miguel e Raúl.
Árbitro: Maquieira Otero, Rubén (Delegación de Santiago). Amonestou con cartón amarelo a Carlos (min. 10) e Iván (min. 65) por o Lavacolla; e a Kasty (min. 70) por A Gracia. Expulsou por dobre cartón amarelo a Seve (min. 50) por A Gracia.
Incidencias: Partido disputado no campo de As Cancelas ante uns 30 espectadores. Moito vento e terreo de xogo en aceptables condicións.

Etiquetas:

14/11/09

Previa: Lavacolla vs. A Gracia

Este domingo xogamos contra a U.D. Lavacolla, un descendido de segunda rexional que loita por non descolgarse dos postos altos da clasificación.
Esta semana por mor das inclemencias do tempo os nosos non puideron realizar ningunha das dúas sesións de adestramentos que había programadas.
Así pois, o adestrador fixo unha convocatoria vía telefónica que se detalla a continuación na que destaca Souto na lista de convocados, ainda que nun principio iba a ser descartado por non se presentar na última convocatoria a lesión de Diego fixo que entrase na lista de convocados, ainda que terá, de tódolos xeitos, pendente ese descarte para vindeiras xornadas.

Rival: Lavacolla (4º)
Lugar: As Cancelas (herba artificial)
Día: Domingo 15
Hora: 17.45

Lista Oficial de Convocados: Óscar, Kasty, Luis, Moro, Juanma, Carlos, Damián, Novais, Capillo, Souto, Iván, Raúl, Coufe, Seve, Miguel e Pichi.

Quedan fóra: Frun (por precaución e decisión técnica), Xan (decisión técnica), Isaac (sanción), José Manuel (non pode asistir) e Diego (lesión).

Etiquetas:

11/11/09

Promos BBT continuará apoiando ao clube

A empresa Promos BBT especializada en regalos de empresa e márketing promocional continuará apoiando a A Gracia C.F. esta temporada. A empresa manterá a súa publicidade na páxina principal de esta web, ademáis ambas entidades chegaron a acordos comerciais, así pois as tradicionais cestas de nadal que o clube sortea en diversos bares colaboradores serán facilitadas por Promos BBT, xa que é outra das súas especialidades.

Máis info:

www.promosbbt.com

www.cestas-navidad.com

Etiquetas:

10/11/09

Comité nº11, Delegación de Santiago

Sancións no Grupo 12
Victoria: Jacobo Pazo Rodríguez, 1 partido. Francisco Parga Rilo, 1 semana.
Lavacolla: José Enrique Martínez Vidal, 1 partido.
A Gracia: Isaac García Pazos, 4 partidos.
Velacruz: Daniel Torrente Filgueira, 4 partidos.
Campo da Angustia: Esteban Somoza Calvo, 1 partido. Xosé Manuel Riveira Gómez, 1 partido.
Inmaculada: Alejandro Choren Cata, 3 partidos. Adrián Choren Cata, 1 partido.

Avisos por Acumulación de Amonestacións no Grupo 12
Victoria: Alvaro Iribarnegaray Rey.
San Marcos B: Cristian Zas Sande.
Zona Vella: Alberto Paz Otero.
Xacobeo: Enrique Manuel Gómez Costoya.

Próximos Encontros a Celebrar en Santiago o 22 de Novembro

AMIZADE – SAN MARCOS B 22/11/09 ás 20.45 en STA. ISABEL
A GRACIA – VICTORIA 22/11/09 ás 15.30 en AS CANCELAS
CAMPO DA ANGUSTIA – LAVACOLLA 22/11/09 ás 19.00 en AS CANCELAS
ESTRELA VERMELLA – VELACRUZ 22/11/09 ás 20.45 en AS CANCELAS
INMACULADA – SAN PEDRO 22/11/09 ás 16.15 en MARROZOS
XACOBEO - SAN LORENZO 22/11/09 ás 19.00 en STA. ISABEL
VISTA ALEGRE – NOITEBRA 22/11/09 ás 16.15 en GRIXOA
RUANOVA – URBAN 22/11/09 ás 15.30 en STA. ISABEL
AMIO – BODEGON ARZUA 22/11/09 ás 17.15 en AS CANCELAS
ZONA VELLA descansa

Etiquetas: